jueves, 28 de abril de 2011

Exercicios Idade Media (David)

Fonsadeira: obrigación que tiñan os campesiños na Idade Media de acompañar ó seu señor nas campañas militares.


Facendeira: prestación de traballo de utilidade común realizada en terras directamente dependentes do señor feudal.


Censo: imposición ou prestación periódica, en cartos ou en especie, que afecta tanto á orde tributaria ou fiscal como á contractual.


Alcabala: tributo que gravaba as vendas de todos os produtos, pagado polo vendedor á facenda pública, consiste nunha porcentaxe do prezo que figuraba no contrato de compravenda.


Herbático: dereito que se cobraba sobre o lugar de pastoreo dos campesiños.


Porádego: dereito de portes que se pagaba para entrar nunha cidade ou vila amurallada.


Luctuosa: dereito que se pagaba nalgúns lugares ós señores e prelados cando morrían súbditos seus.


Martiniega: este imposto pagábase o día de San Martiño e é o imposto máis antigo. Dise que quizáis proviñese do dereito esixido ó campesiño que se asentaba nun terreo non cultivado anteriormente.


Xantar: prestación que se pagaba en especies antiguamente ó posedor do dominio directo dunha finca.


Maquía: porción de fariña, gran e ás veces aceita que se lle daba ó dono do muíño polo seu uso.


Gabela: é un termo que designa ós impostos que se gravan sobre un produto de consumo xeral.


Osas: tributo pagado ó señor polo permiso para contraer matrimonio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario