martes, 10 de mayo de 2011

Exercicio: no quito ni pongo rey pero ayudo a mi señor (Andrés)

Nesta época habia unha loita polo trono de España entre Pedro I de Castela, "O cruel" e Henrique de Trastámara, que eran irmáns
Esta famosa frase dixoa Bertrand Duglesqulin, que fora enviado pola coroa de Francia para axudar a Henrique. A coroa de Inglaterra tamen participou nesta guerra enviando ó principe de Gales, Eduardo, para axudarlle a Pedro. Nun momento dado Pedro e Enrique enfrentáronse corpo a corpo. Cando parecía que a loita ia caer do lado de Pedro, Bertrand agarrou polos pes a este e Henrique aproveitou nese momento para asentarlle unha estocada mortal. O francés mentres agarraba polos pés a Pedro pronunciou a famosa frase: "No quito ni pongo rey, pero ayudo a mi señor"
Gracias a este feito, Enrique de Trastámara poido apoderarse da coroa de Castela que tanto ambicionaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario