jueves, 25 de noviembre de 2010

Exercicio 2: Mapa do tempo (David)

Neste mapa preséntase a situación sinóptica do tempo en superficie de Europa e norte de África, coa representación dun anticiclón (Centro de acción de alta presión, no seu centro é superior ós 1013 mb. Este xira en sentido as agullas do reloxo, o aire é seco, non hai nubes e bloquea as borrascas, así estabiliza a atmosfera. Proporciona un tempo seco, frío ou cálido dependendo da estación do ano en que se atope); dunha borrasca (Centro de acción de baixa presión, no seu centro é inferior ós 1013mb. Este xira en sentido contrario as agullas do reloxo, produce aire con nubes ascendentes e inestabiliza o tempo debido a que son receptoras de vento. Produce un tempo nuboso en con precipitacións); e un fronte (Superficie de descontinuidade que separa dúas masas de aire que non se mesturan por ter características distintas). Pódese observar un anticiclón no noroeste de Galicia, este non é moi forte debido a que as isobaras están bastante separadas, son cinco en total, a súa presión no centro é de 1040mb, e a súa presión na súa último isobara é de 1020mb. Exténdese dende o Polo Norte ata as Illas Canarias. Logo atopamos unha borrasca bastante forte debido á proximidade das súas isobaras, que son nove en total, a súa presión no centro, situado en Bruselas, é de 988mb, e a súa presión na isobara máis externa é de 1020 mb. A súa extensión ocupa toda Europa, chegando ó norte de África e leste de Asia. Tamen se pode ver unha fronte fría que vai dende Budapest, aproximadamente, ata cerca das Illas Azores, e continuando a este outro fronte ocluído que vai dende Budapest ata o norte de Escocia, aproximadamente, facendo unha ondulación no norte dos países nórdicos.
O vento que hai en Galicia ven do norte e trátase dun vento polar marítimo, debido a que ven do Polo Norte e ven a través do mar. Polo tanto isto provocará que haxa un tempo frío (Polo Norte) e húmido (marítimo) con precipitacións. As temperaturas serán moi baixas e as precipitación poden aparecer en forma de neve a partir de determinadas alturas.

Exercicio2: Mapa do tempo (Andrés)

Neste mapa do tempo represéntase a situación sinóptica do tempo en superficie, mediante anticiclóns, borrascas e frontes.
As borrascas son centros de acción que se caracterizan poque a presión no seu centro inferior a 1013mb(milibares), xiran en sentido contrario as agullas do reloxo e o aire que se atopa nél fai que as nubes ascendan inestabilizando o tempo e deixando tempo nuboso con precipitacións nalgúns casos.
Os anticiclóns a diferencia das borrascas teñen no seu centro unha presión superior os 1013 mb e xiran no sentido das agullas do reloxo, o que provoca aire seco e sen nubes que descenden. Estabiliza a atmósfera o bloquear as borrascas e trae consigo tempo seco, frío ou cálido segundo a época en que aparezca.
As frontes son superficies de descontinuidade que separan duas masas de aire que por ser diferentes non se mesturan e que se moven de oeste a leste.
Sabendo esto e observando o mapa, podemos observar que o Norleste da península ibérica atópase unha borrasca, a altura de Bruselas e cunha forza bastante grande debido a cercanía que hai entre as suas isobaras.
No Noroeste atópase un anticiclón que non asemella moi forte debido a separación das suas isobaras e que se atopa o oeste das illas británicas.
Podemos observar como unha fronte fría recorre a península dende a altura de Valencia ata o sur de Portugal, e que remata o norte das Azores por un lado, polo outro lado chega a altura de Varsovia e que de aquí para arriba xa se comeza a ocluir, situación que se provoca cando unha fronte fría, que e máis rápida, alcanza unha fronte cálida obrigando a este a elevarse, e continuando estas duas frontes a desprazarse conxuntamente.
Esta situación descrita informanos de que a masa de aire que chegara a Galicia será unha masa polar marítima procedente do noroeste, polo que deixará un tempo frío con, probablemente, precipitacións. Sábese que ven do noroeste debido a que as masas de aire sempre deixan un anticiclón á sua dereita e unha borrasca a sua esquerda.

Exercicio mapa de tempos



1- a) A cicloxénesis explosiva trátase da formación dunha borrasca intensa en menos de 24 horas. Esta é unha borrasca moi profunda que provoca ventos moi intensos e temporales no mar.
b) Neste mapa de isobaras atopamos ao oeste de Galcia un anticiclón e ao norte unha borrasca. Galicia ao estar case no medio do dous centros de acción recibe un forte vento do noroeste. Debido a cercanía das isobaras da borrasca esta é moito máis forte que o anticiclón.

martes, 9 de noviembre de 2010

Comentario do climograma nº1 (David)


Este climograma ten dúas entradas, un diagrama de barras e de liñas. Na súa parte esquerda aparecen representadas as precipitacións totais en mm graduadas de vinte en vinte(mínimo 0 mm e máximo 140 mm), representadas por medio de barras verticas, unha cada mes. Na súa parte inferior os meses do ano. E na súa parte dereita a temperatura media en graos centígrados, graduados de dez en dez(mínimo 0ºC e máximo 70ºC), representados en liñas horizontais.
A temperatura media anual é de 11,5ºC. A súa amplitude térmica é de 11ºC (mín.7ºC e máx.18ºC). O inverno soe ser frío, e o verán algo caluroso e logo as estacións intermedias, primaveira e outono, son algo chuviosas e suaves.
O mes máis húmido foi o de decembro con 140 mm e os menos húmidos foron os de xulio e agosto con 35 mm. As precipitacións máis altas atópanse en inverno, seguida da primeveira e outono, e logo polo verán.
Este climograma correspóndese co subclima oceánico continental en Galicia. Este atópase na zona central da Comunidade Autónoma. A súa oscilación térmica é de 11ºC debido que non está cerca do mar. Neste subclima ao igual que os outros que hai en Galicia aféctalle o anticiclón das Azores. No verán este anticlón desplázase cara o norte, provocando así unha situación de estabilidade en Galcia. Polo contrario no inverno desplázase cara o sur provocando que poidan entrar borrascas en Galicia e habendo así unha situación de inestabilidade.


Enlace ó exercicio:


http://xeohistogalicia.blogspot.com/2010/10/climogramas.html

Comentario do climograma 3 (Andrés)


Neste climograma podemos ver un diagrama de barras, donde se poden apreciar as choivas medias, e un diagrama de liñas, donde aparecen representadas as temperaturas medias dun lugar determinado.
En todolos climogramas aparece un eixo de cordenadas na esquerda, donde estan representadas as medicións das precipitaciones, un eixe horizontal na parte baixa donde aparecen representados todos os meses do ano e un eixe na parte dereita donde aparecen as medicións da temperatura. As precipitacións aparecen en mm(milímetros), de 20 mm en 20 e a temperatura en ºC(Grados centígrados), de 10 en 10. Este climograma caracterízase por temperaturas bastante elevadas no verán, sobrepasando os 40ºC, nos meses de xullo e agosto, e invernos suaves. En canto as precipitacións non son moi resaltables, agas nos meses de inverno(precipitacións medias de 700mm). A temperatura media anual e bastante elevada, tanto como 14ºC, e a amplitude térmica e superior os 15ºC. Presenta rasgos de aridez, posto que hai de 2 a 3 meses do ano nos que esta seco(xuño, xullo e agosto). Que se mide mediante o índice de Gaussen.

Este climograma pertence a unha variante do clima oceánico, chamado oceánico-mediterráneo, típico de zonas como Ourense. Sábese que é oceánico-mediterráneo debido as temperaturas bastante altas e a escaseza de precipitacions, chegando a haber un par de meses completamente secos, e dase nas zonas de interior. O anticiclón das azores afecta ao clima de Galicia de maneira que no verán desprazase cara o norte, polo que non deixa entrar as borrascas ou masas de aire frío, mentres que no inverno desviase cara o sur, polo que deixa entrar as masas frías e as borrascas.
Enlace ó exercicio:

http://http//xeohistogalicia.blogspot.com/2010/10/climogramas.html


lunes, 8 de noviembre de 2010

Exercicios de variantes climáticas

1- O climograma da esquerda pertence ao subclima oceánico continental, o do medio ao subclima oceánico hiperhúmido e o da dereita ao subclima oceánico-mediterráneo. No climograma da esquerda obsérvase que os veráns son suaves e os invernos bastante fríos. No climograma do medio a oscilación térmica é pouca, debido a isto son os veráns e os invernos suaves, e soi moi frecuentes as precipitacións. No climograma da dereita obsérvase a escaseza de precipitacións e tamén os veráns son moi calurosos e os invernos suaves.

Enlace ós exercicios:

https://sites.google.com/site/xeohistogalicia/climatolox/2-exercicios-variantes-climaticas