miércoles, 27 de octubre de 2010

Exercicios de elementos e factores

1- As zonas máis altas en precipitacións son aquelas que se atopan ó pé dunha serra ou cadea de montañas. O que ocorre é o chamado efecto Foehn no cal as nubes non dan pasado a altitude da cadea montañosa ou da montaña e ó ascendela para pasala enfría e provoca a precipitación. Un claro exemplo é o da Dorsal Galega, que provoca a gran cantidade de precipitacións en Santiago de Compostela.

2-Isto e debido a que a terra quéntase máis rápido que o mar, e tamén se enfría máis rapidamente que este. Por isto polo día o mar bota unha brisa fría se a terra bota unha brisa quente e de noite o contrario. Isto significa que o mar suaviza as temperaturas.

3- Este anticiclón atópase ó oeste da Península Ibérica. Afecta de maneira moi directa a toda ela, excepto ó norte como é o caso de Galicia, impedindo que entren frentes ou borrascas. Debido a isto en Galicia hai maior cantidade de precipitacións. En verán este anticiclón desplázase cara o norte provocando mellor tempo en Galicia e menor cantidade de precipitacións.

4- Porque perde velocidade e comeza a curvarse. Cando as ondulacións son moi pronunciadas, xeran cristas (onde se forman anticiclóns) ou valgadas (donde se forman as borrascas). As formas das cristas e vagoadas son como dunha "V" aberta, e por esto poden chegar a estirarse tanto que rematen por romperse.

5- As seguintes iniciais da imaxe significan: Tm (Tropical Marítima); Pm (Polar Marítima); Am (Ártica Marítima); Ac (Ártica Continental); Pc (Polar Continental). Estas tamen producen o diferente tempo en Galicia: Tm (húmido e caluroso); Pm (húmido e frío); Am (húmido e frío); Ac (seco e frío); Pc (seco e frío).

6- A fronte cálida fórmase polo contacto ou choque de unha masa de aire moi húmedo con unha masa cálida ou suave, que se despraza cara o este, con unha masa de aire mais fría que a precede. O aire quente, menos denso, ascende sobre a fría que e máis pesada. En este tipo de frentes producense nubes de tipo nomboestratos, estratos, altoestratos e cirros.
No frente frío unha masa de aire frío que ven do oeste ou do noroeste choca con unha masa húmeda e templada. Ao ser máis pesado o aire frío, este ocupa as capas baixas e empuxa o aire húmido a certa altura. Nestes frentes fórmanse chuvias intensas e nubes cumulunimbos.

7-Cando nunha borrasca se forma unha bagoada, un brazo desta despréndese dela, pódese producir esta situación, pero a parte teñen que darse tres situacións: mar quente, atmosfera inestable na altura da superficie e aire frío en altura. O mar desprende vapor de auga e logo chega unha borrasca cunha bolsa de aire frío. Estas dúas forman unha nube e esta crece a grande velocidade. Este cumulonimbo descarga unha forte choiva acompañada normalmente de tronos e granizo. Todo isto en un breve espazo de tempo. Normalmente isto ocorre no verán o no outono.

8- Na primeira imaxe o anticiclón das Azores, atópase desviado cara o norte debido a que é verán, isto provoca que non deixa entrar en Galicia as borrascas ou masas de aire frío.
Na segunda imaxe o anticicón das Azores atópase desviado cara o sur, debido a que é inverno e isto favorece a entrada de masas frías e borrascas.

Enlace ós exercicios:
https://sites.google.com/site/xeohistogalicia/