miércoles, 13 de abril de 2011

Definicións

Suevos: pobo xermánico que se asentou en Galicia despois da caída do Imperio Romano. Probiñan de centro europa.

Foedus: pacto do Emperador romano Honorio polo cal asinoulles ós suevos a provincia de Gallaecia, a cambio de que non acosasen a Roma. Foi realizado no ano 411.

Martiño de Braga: era un eclesiastico que foi moi importante na cristianización do territorio Galaico e na organización da Igrexa. Éste implanta definitivamente un modelo episcopal de caracter xerarquico, e establece unha forte colaboración entre a xerarquía eclesiastica e a civil.

Laudas en Estola: tapa de sartego en forma que recorda a estola eclesiastica ("bufanda" que leva o cura)

Teodomiro: rei suevo que volveu a converter aos visigodos ao cristianismo, feito que implicou a separación dos visigodos e un intento de achegamento ao imperio Bizantino, no ano 550.

Xoán de Bíclaro: clérigo cristiano e cronista que redactou parte da vida dos visigodos. Este informa da situación dos suevos a partir do ano 550. Como dende o ano 468 ata que Xoán de Bíclaro nos da estas informacións, existe un vadio de case 100 anos sen apenas información dos suevos.

Bispo Maeloc: bispo galego de orixe bretón do século VI. Éste fundou a ses de Britania, que pertencia a o grupo da diócese de Lugo.

Batalla do Órbigo: batalla na cal os visigodos, dirixidos por Teodorioco II a mediados do século V, entran en Hispania, vencendo os suevos e establecendose neste territorio e perdendo estes parte da sua independencia.

Arreanismo: conxunto de doutrinas cristianas desenroladas por Arrio. Os suevos seguiron esta doutrina durante o reinado de Remismundo, que foi o encargado de unificar o reino suevo.

Datación do reino Suevo: dende o 406 ata o 585.

1 comentario:

  1. Proviña con V
    As laudas en estola non son as tapas senón o relevo que figura nas tapas
    Arrianismo, non arreanismo
    Reino suevo desde o 411

    ResponderEliminar