miércoles, 27 de abril de 2011

Exercicios Idade Media (Andrés)

DEFINICIÓNS




Fonsadeira: tributo que se lle entregaba ao rei para todos aqueles gastos relacionados coa guerra.
Censo: era unha forma de crédito,pola cal se prestaba unha cantidade de diñeiro, con un interese que se teria que devolver sumado á cantidade de diñeiro prestada.
Alcabala: era un imposto que se impoñia sobre o comercio, e foi unha das fontes de enriquecemento mais grandes para a facenda real de aquela época.
Herbático: dereito que se cobraba sobre o aluguer dos campos de pastoreo.
Facendeira: prestación de traballo de utilidade común realizada en terras directamente dependentes do señor feudal.
Portádego: cantidade que se paga para poder pasar por unha via de comunicación determinada, ou por un lugar, xeralmente por unha porta.
Martiniega: era un imposto que se lle cobraba ao campesiño que se asentaba nun terreo non cultivado anteriormente
Xantar: tributo que pagaban en especie os habitantes dos pobos para o mantemento do señor cando transitaban por eles.
Lutuosa: dereito que se lle pagaban aos señores cando falecia un dos seus súbditos, por parte do familiar.
Maquía: tributo que se lle pagaba ao señor para poder utilizar o muiño que era da sua propiedade. Este pago realizábase en gran de millo ou aceite.
Gabela: era un imposto que se lle engadia a moitos bens de consumos coma o sal. Foi moi pouco popular xa que as clases altas estaba exentas de este pago, polo que afectaba máis aos pobres ca ós ricos.


Osas: tributo que se lle pagaba ao señor para que permitise o seu súbdito contraer matrimonio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario