jueves, 24 de marzo de 2011

Redaccion romana (Andrés)

O meu nome é Publius Cornelius Hispanus, casado con Iulia. Son posuidor dunha panaderia onde fabrico o pan para abastecer o exercito. Vivo na cidade de Lucus Augusti, nunha domus onde habita ademais de eu e miña muller, a miña filla Cornelia. Eu e a miña muller chegamos a Gallaecia fai un vinte anos, coa batalla que se denominou do Monte Medulio, e coa que nos, os romanos acabamos por conquistar toda Gallaecia. Nos meus momentos libres, cando o traballo escasea, eu a máis a miña familia acercámonos o anfiteatro pero ver algunha loita entre gladiadores das distintas provincias de Roma. Xunto a min habita unha familia, que xa estaba aquí antes da nosa chegada, e que se afixeron as nosas costumes. O meu traballo é moi sacrificado posto que só teño un axudante para fabricar grandes cantidades de pan. O noso pan está fabricado con fariña de millo, auga e nalguns casos pódese facer con algun tipo de especias que recollemos destas terras. O noso pan repártese entre todo o exército pertencenta a esta zona do imperio. O exército está en continuas guerras, e moitos son os homes que van para a guerra e que nunca regresan xunto as suas familias. Aparte do anfiteatro, nesa cidade temos outros divertimentos como poden ser os baños de saunas, que se atopan no centro da cidade e que son de uso público para os homes, pero as mulleres teñen que quedar na casa facendo as tareas doméstica e máis cuidando dos fillos. Neste momento a miña muller está embarazada, e ainda non decidimos o nome que lle imos por o noso próximo descendente. A vida en Lucus Augusti e moi tranquila, sen apenas sobresaltos posto que os chamados "romanizados", persoas que xa estaban aqui cando chegamos, son moi afables e adaptáronse perfectamente as nosas costumes e ao noso ritmo de vida. A cidade está amurallada todo o redor, para protexernos de algun inimigo que intente atacarnos e así poder defendernos dende a altura, pero en todo o tempo que levo aquí apenas houbo un par de pequenos ataques que non tiveron ningun resultado negativo para os nosos intereses.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Redacción de Roma (David)

O meu nome é Paulus Gaius Livio. Vivo en Lucus Augusti na calle Cardo III. Traballo na construción como obreiro, debido a isto acabo de chegar á casa logo dunha longa viaxe dende Bracara Augusta. Alí traballei na construción dun acueducto e tamén do castello aquae. Para regresar á casa vin pola Vía Lucus-Bracara a través de Aquis Querquernnis.
Hoxe fun traballar na ampliación da muralla que se está levando a cabo. Foi un día laboral malo debido a que tardamos bastante en facer o opus caementitium. O motivo foi que non xuntábamos as 12 partes de puzolana e as 16 partes de pedra necesarias para facer o opus caementitium.
Acabada a miña xornada laboral fun para a casa comer a carne que prepara co garum pola maña. Eu vivo nunha insulae e págolle un alquiler o dono desta. Logo de xantar fun cara o foro para ver si atopa algun amigo e así ir xuntos para o anfiteatro. Alí ía haber un batalla de gladiadores, non moi coñecidos, por iso a entrada era gratuita. Pero antes de ir cara o anfiteatro fun as termas, eu e os meus amigo. Movímonos todo o traxecto polas veirarúas debido a que a calzada estaba toda embarrada da choiva que anteriormente caera. Incluso algunha partes do alcantarillado se atopaban desbordadas pola auga, por iso os carros non circulaban moi ben.
Acabada a batalla no anfiteatro fun para a casa debido a que ó día seguinte tiña que ir cara a Asturica Augusta. O motivo era que se ía construir o alcantarillo da cidade e tamén un novo acueduto para suministrar unha maior cantidade de auga nela. Para chegar alí debería ir pola Vía XIX, cousa que me tranquilizaba debido á seguridade desta. A súa seguridade estaba garantida debido ós numerosos campamentos de lexionarios que había ó longo dela, e tamén á súa vixilancia "intensiva".


martes, 15 de marzo de 2011

A herdanza romana en Galicia (David)

No texto fálase da importancia que tiveron os romanos na antiga Gallaecia. Debido a isto Galicia tivo unha grande herdanza dos romanos en canto a construcións, nomes de lugares, vías, etc. A principal cidade situada en Gallaecia era Lucus Augusti, hoxe en día Lugo, nela consérvesa a muralla que construíron os romanos, isto é debido a que esta cidade foi unha das máis importantes en Hispania en canto ó carácter militar.
No texto tamén se destaca a importancia dos balnearios que había en Gallaecia e que hoxe en día segue habendo nalgúns puntos de Galicia. Xunto a isto o texto tamén fala das costumes que os romanos comezaron a adoptar e que hoxe en día ségunse facendo, como é o afeitado dos homes, o peiteado diario das mulleres, a maquillaxe destas, etc. Tamén fai mención a diferentes xogos e deportes que xa practicaban os romanos, un dos xogos que herdamos é o tres en raia.
Fálase tamén da alimentación, destacando as fábricas de salazóns que había no noroeste peninsular en especial nas Rías Baixas e tamén no norte de Galicia, entre elas atópase a de Area en Viveiro. Estas salazóns de peixe ían dirixidas ás clases máis pudentes. Neste ámbito alimenticio fala tamén da dieta que levaban, como pode ser a inxesta de carne, cruda, asada ou cocida.
Outro tema que trata o texto é o dos complemento que os romanos levaban como poden ser as xoias e as vestimentas. Logo deste trata o tema dos posibles restos que se poden atopar na cidade de Lugo, como é un anfiteatro e un teatro, así como os restos que existen nas diferentes vías galegas feitas polos romanos.

Herdanza Romana (Andrés)

O texto trata dos restos romanos atopados en Galicia, e máis en concreto en Lugo, que e o lugar onde se atopou a famosa muralla romana, que servia de defensa militar contra os enemigos que intentaban entrar na cidade, e polo tanto e o lugar de maior importancia de achádegos romanos da nosa comunidade.
Comentase o estudo que unha investigadora fixo dos restos romanos en Galicia, e cita que se lle da máis importancia a cultura castrexa que a romana, pero que deberían ter polo menos o mesmo recoñecemento, xa que moitas costumes e construccións actuais proceden dos romanos. Unha das costumes máis importantes que herdamos dos romanos foi a salgadura do peixe, que permite conservalo maior tempo sen que podreza e asi poder consumilo nun periodo mais longo de tempo. Atopáronse en distintos puntos de Galicia elementos decorativos para o corpo tanto dos homes como da mulleres, pero o que máis chama a atención son os aneis que non se atopaban na cultura castrexa, e que polo tanto e un invento dos romanos. E finaliza o texto con unha cita da investigadora pedindo maior recoñecemento a cultura romana.