martes, 15 de febrero de 2011

Cultura Castrexa (Pedras formosas)


Son unha parte das construcións feitas en pedra cunhas características que pertencen á cultura castrexa. A pedra ten forma pentagonal, xeralmente, e está feita de granito; na súa parte inferior atópase un pequeno arco e o resto da pefra atópase ornamentada con diferentes gravados. Estas atópanse no antigo territorio da Gallaecia (Galicia, norte de Portugal e a zona ocidental de Asturias e León). Estas pedras estaban situadas en lugares de terras fértiles, con abundancia de auga. O seu uso é descoñecido, dise que podían pertencer a uns baños de vapor, e tamén se di que poden ter motivos relixiosos. Incluso se chegou a pensar que podían pertencer a antigos fornos ou a construción funerarias, debido ó parecido que hay coas construcións funerarias de Cerdeña, entre elas o Coddu Vechio.