martes, 10 de mayo de 2011

No quito ni pongo rey pero ayudo a mi señor (David)

Esta frase foi dita por Bertrand Du Guesclin (guerreiro de Henrique). O contexto desenvólves na I Guerra Civil Castella, cando Pedro I, O Cruel, loitaba co seu irmán bastardo Henrique. Este último gañou a batalla no campo de Montiel e Pedro refuxiouse nun castelo. Entón Henrique ordenoulle a Bertrand que llo trouxese. Cando os dous "irmáns" se atoparon comezaron a pelexar, e nun momento da pelexa, Pedro íalle asestar unha puñalada a Henrique. Nese momento Bertrand suxetou ó rei, Pedro I, momento que aproveitou Henrique para asestarlle unha puñalada. Despois da loita o fránces, Bertrand, xustificou o seu acto dicindo:
"No quito ni pongo rey pero ayudo a mi señor"
Logo deste feito, no ano 1369, os Trastámara chegaron á coroa de Castela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario