miércoles, 23 de marzo de 2011

Redacción de Roma (David)

O meu nome é Paulus Gaius Livio. Vivo en Lucus Augusti na calle Cardo III. Traballo na construción como obreiro, debido a isto acabo de chegar á casa logo dunha longa viaxe dende Bracara Augusta. Alí traballei na construción dun acueducto e tamén do castello aquae. Para regresar á casa vin pola Vía Lucus-Bracara a través de Aquis Querquernnis.
Hoxe fun traballar na ampliación da muralla que se está levando a cabo. Foi un día laboral malo debido a que tardamos bastante en facer o opus caementitium. O motivo foi que non xuntábamos as 12 partes de puzolana e as 16 partes de pedra necesarias para facer o opus caementitium.
Acabada a miña xornada laboral fun para a casa comer a carne que prepara co garum pola maña. Eu vivo nunha insulae e págolle un alquiler o dono desta. Logo de xantar fun cara o foro para ver si atopa algun amigo e así ir xuntos para o anfiteatro. Alí ía haber un batalla de gladiadores, non moi coñecidos, por iso a entrada era gratuita. Pero antes de ir cara o anfiteatro fun as termas, eu e os meus amigo. Movímonos todo o traxecto polas veirarúas debido a que a calzada estaba toda embarrada da choiva que anteriormente caera. Incluso algunha partes do alcantarillado se atopaban desbordadas pola auga, por iso os carros non circulaban moi ben.
Acabada a batalla no anfiteatro fun para a casa debido a que ó día seguinte tiña que ir cara a Asturica Augusta. O motivo era que se ía construir o alcantarillo da cidade e tamén un novo acueduto para suministrar unha maior cantidade de auga nela. Para chegar alí debería ir pola Vía XIX, cousa que me tranquilizaba debido á seguridade desta. A súa seguridade estaba garantida debido ós numerosos campamentos de lexionarios que había ó longo dela, e tamén á súa vixilancia "intensiva".


No hay comentarios:

Publicar un comentario