martes, 15 de marzo de 2011

A herdanza romana en Galicia (David)

No texto fálase da importancia que tiveron os romanos na antiga Gallaecia. Debido a isto Galicia tivo unha grande herdanza dos romanos en canto a construcións, nomes de lugares, vías, etc. A principal cidade situada en Gallaecia era Lucus Augusti, hoxe en día Lugo, nela consérvesa a muralla que construíron os romanos, isto é debido a que esta cidade foi unha das máis importantes en Hispania en canto ó carácter militar.
No texto tamén se destaca a importancia dos balnearios que había en Gallaecia e que hoxe en día segue habendo nalgúns puntos de Galicia. Xunto a isto o texto tamén fala das costumes que os romanos comezaron a adoptar e que hoxe en día ségunse facendo, como é o afeitado dos homes, o peiteado diario das mulleres, a maquillaxe destas, etc. Tamén fai mención a diferentes xogos e deportes que xa practicaban os romanos, un dos xogos que herdamos é o tres en raia.
Fálase tamén da alimentación, destacando as fábricas de salazóns que había no noroeste peninsular en especial nas Rías Baixas e tamén no norte de Galicia, entre elas atópase a de Area en Viveiro. Estas salazóns de peixe ían dirixidas ás clases máis pudentes. Neste ámbito alimenticio fala tamén da dieta que levaban, como pode ser a inxesta de carne, cruda, asada ou cocida.
Outro tema que trata o texto é o dos complemento que os romanos levaban como poden ser as xoias e as vestimentas. Logo deste trata o tema dos posibles restos que se poden atopar na cidade de Lugo, como é un anfiteatro e un teatro, así como os restos que existen nas diferentes vías galegas feitas polos romanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario