martes, 15 de marzo de 2011

Herdanza Romana (Andrés)

O texto trata dos restos romanos atopados en Galicia, e máis en concreto en Lugo, que e o lugar onde se atopou a famosa muralla romana, que servia de defensa militar contra os enemigos que intentaban entrar na cidade, e polo tanto e o lugar de maior importancia de achádegos romanos da nosa comunidade.
Comentase o estudo que unha investigadora fixo dos restos romanos en Galicia, e cita que se lle da máis importancia a cultura castrexa que a romana, pero que deberían ter polo menos o mesmo recoñecemento, xa que moitas costumes e construccións actuais proceden dos romanos. Unha das costumes máis importantes que herdamos dos romanos foi a salgadura do peixe, que permite conservalo maior tempo sen que podreza e asi poder consumilo nun periodo mais longo de tempo. Atopáronse en distintos puntos de Galicia elementos decorativos para o corpo tanto dos homes como da mulleres, pero o que máis chama a atención son os aneis que non se atopaban na cultura castrexa, e que polo tanto e un invento dos romanos. E finaliza o texto con unha cita da investigadora pedindo maior recoñecemento a cultura romana.

1 comentario: