lunes, 24 de enero de 2011

Exercicios das culturas prehistóricas








Dolmen de Menga

Atópase en Antequera (Málaga). A súa construción pódese datar na Idade do Cobre, arredor de 2500 a. C. Este dolmen ten unha planta case rectangular e unha galería cuberta. A súa cámara sepulcral está composta por sete pedras que forman a parede, a cada lado, e ten unha pedra no fondo. O teito deste dolmen está cuberto por cinco pedras, sendo a última a máis grande. Calcúlase un peso aproximado de 180 toneladas. Todo isto atópase cuberto por unha mámoa.


Naveta Es Tudons


A naveta Es Tudons é unha construción funeraria e atópase en Menorca. Esta construción está clasificada como unha tumba colectiva. Ten uns 3000 anos de antigüidade e nela atopáronse os restos de unhas 100 personas no momento da sua excavación. Tamén se atoparon obxectos de bronce, botón de óso e cerámica. Conta cun mito que dí que dous irmáns disputábanse o amor dunha muller e decidiron construir unha cousa cada un. Un irmán construíu unha naveta e o outro irmán construíu un pozo. Cando este último berrou "Auga, auga!" ó seu irmán tan só lle faltaba unha pedra de colocar. O que fixo este último foi tirar esa pedra no pozo para matar o seu irmán.




















Newgrange

Atópase no Condado de Meath en Irlanda. Foi construido aproximadamente entre 3300-2900 a. C. Consiste nunha enorme mámoa feita de pedra e tallada polo home.Dentro da mámoa atopáranse restos de persoas incineradas, cinco en total. Especúlase que o sol tiña unha grande importancia para o pobo que construíu a mámoa debido a que este penetra nunha cámara durante o solsticio de inverno, ilumina durante uns 17 minutos.


























Stonehenge

Stonehenge é un monumento megalítico situado en Amesbury, no sur de Gran Bretaña. Está formado por grandes bloques de pedra colocados en catro circunferencias concéntricas, todo isto atópase rodeado por un foxo circular dusn 104 metros de diámetro. A súa utilización na antigüidade ignórase pero varias hipótesis indican que se poderia ter utilizado como templo relixioso ou como un observatorio astrónomico para predecir as estación do ano. Nél atoparonse varios restos de osos humanos de uns 5000 anos de antigüidade, pero debido aos poucos restos en un período tan longo descártase que fose utilizado coma cemiterio. Arredor del encontráronse tamén numerosas construcións, destacando a dun monumento parecido a este, só que máis grande, e a dun poblado dunhas mil casas.





















Coddu Vechio


A cámara funeraria principal foi fechada entre os anos 1800 a. C. a 1600 a. C. Este atópase en Arzachena (Malta). Ten un grande ortoestacto que señaliza a entrada ó mundo dos mortos. O seu interior pódese ver no seguinte plano:


























Ggantija

Ggantija é o nome co que se coñece a un conxunto de templos magalíticos situados na illa de Gozo, ao norte de Malta. Foron levantados no Neolítico, arredor do 3000 a.C. Trátase dunha das construcións relixiosas máis antigas atopadas e nela atopáronse estatuas e figuras de deuses, por eso se sabe que se dedicaba a este culto. Unha lenda dí que as súas torres foron levantadas por uns xigantes para ser utilizada como lugar de culto por estes.
























Hal-Saflieni


Atópase situado en Paola (Malta). É o único templo subterráneo prehistórico coñecido. Este hipoxeo foi excavado arredor do ano 2500 a. C. Sirveu de santuario, aínda que logo actuaría como necrópolis. Aquí atopouse a única figura da prehistoria, chamada "La Durmiente".
Este hipoxeo está configurado en tres niveles:
-No primeiro nivel atópanse covas naturais ampliadas artificialmente, esta é a parte máis antiga e atópase a uns 10 metros debaixo do chan.
-No segundo nivel atópase un estilo máis refinado tomando como modelo as súas pedras talladas. Aquí tamén se atopan: a sala principal, a sala do Oráculo, a sala Decorada, o Pozo das Serpentes e o Sancta Sanctorum.
-No terceiro nivel atópase o que posiblemente foi un almacén de gran.





















1 comentario:

  1. A particularidade de Menga respecto dos soportes interiores na galería
    Marcar ben a diferencia construtiva das navetas
    Os gravados de Newgrange
    Ortostato, non ortoestacto

    ResponderEliminar