lunes, 10 de enero de 2011

Exercicio de actividades económicas

Este é un gráfico de sectores que nos mostra a distribución das terras en Galicia. A maior parte das terras é superficie forestal, un 60%. A superficie de explotación é dun 25%, en total. O 15% restante queda para os diferentes pastos para o gando. Isto indícanos que tan só é explotada unha cuarta parte das terras de Galicia. A explicación de que a maior parte da superficie este ocupada por montes e debido a introdución de árbores dun crecemento máis rapido que poden venderse con maior rapidez e como consecuencia o beneficio sera nun período de tempo moi curto, un exemplo desto son os eucaliptos, que na actualidade ocupan moita superficie dos montes totales de toda Galicia e que foron introducidos polo home, xa que non son árbores autoctonas.

Nesta táboa podemos observar os cultivos herbáceos e os leñosos na superficie de Galicia no ano 2004. Dentro dos cultivos herbáceos inclúense aquí os cereais de gran, tubérculos, leguminosas en gran, hortícolas e flores en viveiros, e os cultivos forraxeiros, sendo estes últimos os de máxima extensión en Galicia ocupando case o 75% do total dos cultivos herbáceos, e ocupando un gran número de hectáreas, tantas coma 287.000.
Nos cultivos leñosos inclúense as froiteiras e os viñedos. Neste caso a superficie esta máis repartida sendo o 55% para os primeiros e o restante 45% para os viñedos. A superficie en hectáreas está ocupada con 40.000 hectáreas para os froiteiras e 33.000 hectáreas para os viñedos. A explicación de que os cultivos herbáceos teñan maior superficie que os leñosos é que os primeiros son utilizados tanto para consumo humano como para alimentación de animais, o que fai que a sua existencia teña maior importancia. Isto explica o dominio en Galicia de minifundios, pequenos campos nos que os seus donos utilizan o policultivo.




Nesta segunda táboa aparecen os datos do PIB (Produto Interior Bruto) de Galicia nas diferentes ramas de actividades, data do ano 2006. Nela observamos a importancia que teñen os diferentes sectores na economía galega, sendo o máis importante o sector servizos ocupando o 55% do total do PIB, e aportando 30.000.000 de miles de euros.Pódese apreciar como o sector primario (agricultura, gandería e pesca) ten moi pouca importancia, o que contrasta coa que tempo atrais tiña esta.







Na última imaxe podemos apreciar unha gráfica de liñas. Nela represéntase a evolución da xente ocupada na gandería e pesca nun período que vai dende 1977 ata 2005.
A simple vista apréciase claramente un descenso, debido a que a xente nos últimos anos esta deixando as aldeas e pequenas vilas para marchar para as cidades e así mellorar o seu nivel de vida. A consecuencia de estes movementos de poboación é que a xente ocúpase nas grandes industrias, que son as que hai nas cidades, e a agricultura e a gandería quedan desocupadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario