jueves, 13 de enero de 2011

Exercicio actividades pesqueiras en Galicia

Nesta imaxe aparecen os porcentaxes de barcos que se atopan en cada provincia galega. A maior porcentaxe atópase na provincia de A Coruña cun 49,89%, a continuación a provincia de Pontevedra cun 45,5% e por último a provincia de Lugo cun 4,62%. Teñen unha maior porcentaxe as provincias de Pondevedra e A Coruña debido a que teñen unha maior lonxitude de litoral e dispoñen de máis lonxas para des cargar o peixe. Cabe destacar tamén que moitos barcos lucenses descargan o seu peixe noutra provincia ou incluso en Asturias.
Nesta gráfica de barras amósase a comparación entre a industria conserveira que hai en Galicia e en España; a facturación das conserveiras galegas e españolas; a produción das conserveiras españolas e galegas; e por último, os empregos que proporcionan as conserveiras galegas e españolas. O número de conserveiras en España é de 147 e en Galicia é de 67, a facturación das primeiras é de 1.239,77 millóns de euros e a facturación das segudas é de 967,02 millóns de euros. A produción das conserveiras galegas é de 248.958 tonelas, a das conserveiras españolas é superior, 311.197 tonelas. As conserveiras españolas dan lugar a 15.512 postos de traballo en cambio as conserverias galegas dan lugar a 12.050 postos de traballo. Esta curta distancia que hai entre as conserveiras galegas e españolas é debido ó gran peso que ten Galicia sobre a pesca e a acuicultura. Xa dende anos atrás Galicia posuía un maior número de conserveiras, nas cales se daban traballo a un gran número de mulleres.

Nesta táboa pode verse o rexistro dos buques pesqueiros galegos a fecha de 24/11/2010.Nela diferencianse entre tres tipos de pesca, caladeiro nacional (aqueles que operan preto da costa), altura (que operan máis alonxado, pero en territorio naciona) e gran altura (operan internacionalmente.
Dentro da pesca de caladeiro nacional, diferencianse entre varias artes de pesca, arrastre, cerco, palangre, artes menores; sendo este último o que máis nº de barcos utilizan con moita diferencia co segundo máis utilizado e sendo o que máis barcos acolle dentro do total de buques rexistrados en toda a comunidadee. Dentro das artes menores inclúense instrumentos como as nasas tanto de nécora como de polvo. Na pesca de altura utilízanse dous tipos de arte, palangre e arrastre. Neste caso estas dúas artes de pesca están máis igualadas en canto o número de barcos implicados, superando o arrastre o palangre por uns poucos. Na pesca de gran altura o lugar de pesca está mais alo das fronteiras do noso país, en lugares como o Gran Sol, e os barcos máis utilizados para estes lugares de pesca son os que utilizan a arte do palangre de superficie.


Nesta segunda táboa aparacen as vinte lonxas máis importantes de Galicia en canto á cantidade de quilos que entran en elas. Nela reflíctense o número de días que facturan ó ano, o número de quilos que entran nas diferentes lonxas, a porcentaxe de quilos que entran en todas as lonxas, os cartos que facturan, a porcentaxe de euros que entran en todas as lonxas e por último a o prezo medio do quilo de calquer especie que entre na lonxa. A lonxa máis importante é a de Vigo, isto é debido ao maior número de poboación da cidade e tamén ó tamaño da súa lonxa. Algo similar a Vigo ocorrelle a lonxa de A Coruña que ao ter unha cidade moi poboada, en relación coas outras cidades galegas, ocupa o terceiro posto. Hai "pequenos núcleos" de poboación que acadan unha posición alta, como é o caso de Burela(posto 4) e Celeiro(posto 5). Isto é debido a que teñen un recoñecemento especial nalgunha especie que capturan, en Celeiro a merluza do pincho e en Burela o bonito. Por último cabe mencionar as lonxas que ocupan postos baixos na táboa, aínda que son as que teñen unha maior porcentaxe no prezo medio do quilo. Isto é debido a que son lonxas que se adican fundamentalmente ó marisco, un claro exemplo é a lonxa de Noia.

Nesta terceira táboa podese ver os datos da acuicultura en Galicia no ano 2009 e as principais especies coas que se traballa. Diferénciase entre algas, bivalvos, cefalópodo e peixes. Podemos observar que a especie mais comercializada e o mexillón, que se da sobre todo nas Rías Baixas, nas bateas que ocupan case toda a súa superficie. En canto a os peixes o máis comercializado e o rodaballo, no cefalópodo o pulpo e nas algas o algazo real. A especie que sae o mercado con un precio máis alto de todos é a ameixa fina.



Nestes gráficos por sectores poden verse os tres tipos de caladoiros donde operan os barcos Galegos (nacional, pescas comunitarias e pescas internacionais), que se poden identificar coa pesca de baixura, altura e gran altura respectivamente. Pódese ver que a pesca máis utilizada e a pesca de baixura xa que e na que máis barcos operan, e as artes de pesca máis utilizada nela son as artes menores. Nas pescas comunitarias o máis utilizado é o arrastre e nas pescas internacionais é o palangre en superficie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario