jueves, 25 de noviembre de 2010

Exercicio2: Mapa do tempo (Andrés)

Neste mapa do tempo represéntase a situación sinóptica do tempo en superficie, mediante anticiclóns, borrascas e frontes.
As borrascas son centros de acción que se caracterizan poque a presión no seu centro inferior a 1013mb(milibares), xiran en sentido contrario as agullas do reloxo e o aire que se atopa nél fai que as nubes ascendan inestabilizando o tempo e deixando tempo nuboso con precipitacións nalgúns casos.
Os anticiclóns a diferencia das borrascas teñen no seu centro unha presión superior os 1013 mb e xiran no sentido das agullas do reloxo, o que provoca aire seco e sen nubes que descenden. Estabiliza a atmósfera o bloquear as borrascas e trae consigo tempo seco, frío ou cálido segundo a época en que aparezca.
As frontes son superficies de descontinuidade que separan duas masas de aire que por ser diferentes non se mesturan e que se moven de oeste a leste.
Sabendo esto e observando o mapa, podemos observar que o Norleste da península ibérica atópase unha borrasca, a altura de Bruselas e cunha forza bastante grande debido a cercanía que hai entre as suas isobaras.
No Noroeste atópase un anticiclón que non asemella moi forte debido a separación das suas isobaras e que se atopa o oeste das illas británicas.
Podemos observar como unha fronte fría recorre a península dende a altura de Valencia ata o sur de Portugal, e que remata o norte das Azores por un lado, polo outro lado chega a altura de Varsovia e que de aquí para arriba xa se comeza a ocluir, situación que se provoca cando unha fronte fría, que e máis rápida, alcanza unha fronte cálida obrigando a este a elevarse, e continuando estas duas frontes a desprazarse conxuntamente.
Esta situación descrita informanos de que a masa de aire que chegara a Galicia será unha masa polar marítima procedente do noroeste, polo que deixará un tempo frío con, probablemente, precipitacións. Sábese que ven do noroeste debido a que as masas de aire sempre deixan un anticiclón á sua dereita e unha borrasca a sua esquerda.

1 comentario:

  1. Península Ibérica, con maiúscula
    Indicar a amplitude do anticiclón
    Tempo con advención do norte
    Entra Am

    Puntuaciòn, 0,8 sobre 1

    ResponderEliminar