martes, 9 de noviembre de 2010

Comentario do climograma nº1 (David)


Este climograma ten dúas entradas, un diagrama de barras e de liñas. Na súa parte esquerda aparecen representadas as precipitacións totais en mm graduadas de vinte en vinte(mínimo 0 mm e máximo 140 mm), representadas por medio de barras verticas, unha cada mes. Na súa parte inferior os meses do ano. E na súa parte dereita a temperatura media en graos centígrados, graduados de dez en dez(mínimo 0ºC e máximo 70ºC), representados en liñas horizontais.
A temperatura media anual é de 11,5ºC. A súa amplitude térmica é de 11ºC (mín.7ºC e máx.18ºC). O inverno soe ser frío, e o verán algo caluroso e logo as estacións intermedias, primaveira e outono, son algo chuviosas e suaves.
O mes máis húmido foi o de decembro con 140 mm e os menos húmidos foron os de xulio e agosto con 35 mm. As precipitacións máis altas atópanse en inverno, seguida da primeveira e outono, e logo polo verán.
Este climograma correspóndese co subclima oceánico continental en Galicia. Este atópase na zona central da Comunidade Autónoma. A súa oscilación térmica é de 11ºC debido que non está cerca do mar. Neste subclima ao igual que os outros que hai en Galicia aféctalle o anticiclón das Azores. No verán este anticlón desplázase cara o norte, provocando así unha situación de estabilidade en Galcia. Polo contrario no inverno desplázase cara o sur provocando que poidan entrar borrascas en Galicia e habendo así unha situación de inestabilidade.


Enlace ó exercicio:


http://xeohistogalicia.blogspot.com/2010/10/climogramas.html

1 comentario:

  1. Climograma ou diagrama ombrotérmico
    No eixo horizontal, os meses do ano
    Mes de temperatura máis alta e máis baixa
    Gaussen

    0,8

    ResponderEliminar