jueves, 25 de noviembre de 2010

Exercicio 2: Mapa do tempo (David)

Neste mapa preséntase a situación sinóptica do tempo en superficie de Europa e norte de África, coa representación dun anticiclón (Centro de acción de alta presión, no seu centro é superior ós 1013 mb. Este xira en sentido as agullas do reloxo, o aire é seco, non hai nubes e bloquea as borrascas, así estabiliza a atmosfera. Proporciona un tempo seco, frío ou cálido dependendo da estación do ano en que se atope); dunha borrasca (Centro de acción de baixa presión, no seu centro é inferior ós 1013mb. Este xira en sentido contrario as agullas do reloxo, produce aire con nubes ascendentes e inestabiliza o tempo debido a que son receptoras de vento. Produce un tempo nuboso en con precipitacións); e un fronte (Superficie de descontinuidade que separa dúas masas de aire que non se mesturan por ter características distintas). Pódese observar un anticiclón no noroeste de Galicia, este non é moi forte debido a que as isobaras están bastante separadas, son cinco en total, a súa presión no centro é de 1040mb, e a súa presión na súa último isobara é de 1020mb. Exténdese dende o Polo Norte ata as Illas Canarias. Logo atopamos unha borrasca bastante forte debido á proximidade das súas isobaras, que son nove en total, a súa presión no centro, situado en Bruselas, é de 988mb, e a súa presión na isobara máis externa é de 1020 mb. A súa extensión ocupa toda Europa, chegando ó norte de África e leste de Asia. Tamen se pode ver unha fronte fría que vai dende Budapest, aproximadamente, ata cerca das Illas Azores, e continuando a este outro fronte ocluído que vai dende Budapest ata o norte de Escocia, aproximadamente, facendo unha ondulación no norte dos países nórdicos.
O vento que hai en Galicia ven do norte e trátase dun vento polar marítimo, debido a que ven do Polo Norte e ven a través do mar. Polo tanto isto provocará que haxa un tempo frío (Polo Norte) e húmido (marítimo) con precipitacións. As temperaturas serán moi baixas e as precipitación poden aparecer en forma de neve a partir de determinadas alturas.

1 comentario:

  1. Fronte en feminino
    define fronte fría (e as súas consecuencias) e fronte ocluída
    Tempo con advención do oeste, entra Am

    Putuación, 0,7 sobre 1

    ResponderEliminar